O mozo falecido, que conducía sen carné e
contaba con numerosos antecedentes penais, acelerou o coche causando
feridas leves a un dos gardas civís que lle deu o alto para realizarlle
un control de alcoholemia rutineiro. Minutos máis tarde, chocaba co seu
vehículo contra unha casa no alto de Puxeiros, Mos e durante o seu
traslado en ambulacia ao Hospital Meixoeiro, faleceu.
O
accidente produciuse ás tres da madrugada ao comezo da estrada EP-2603
que une Puxeiros e Peinador e tras saírse da vía, o Fiat Punto que
conducía o mozo encaixouse contra unha das vivendas que se atopa xunto
á rotonda de Puxeiros. O coche colleu a gran velocidade a rotonda e o
impacto contra a vivenda foi moi forte.
La Voz.
En Castellano, en el siguiente enlace:
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/02/13/00031234510540032902217.htm