|
LINGUA
|
Selecciona Idioma de la Interfaz:
|
|
|  |
Gardas civís avisan de controis “masivos e ilegais”
Enviado el Lunes, 19 enero a las 23:00:00 ( Lecturas)
Tópico: UGC
|
Critican que o corpo perda efectivos na rúa por estar facendo de conductores para os cargos.
E.F. / P.S. / V.S. / XORNAL.COM I
Santiago.-
A Unión de Gardas Civís acusa aos mandos da Benemérita en Galicia de
facer controis “masivos” e “ilegais” para identificar aos conductores
de vehículos, só con obxectivo de lograr galardóns. “É un problema de
medallitis”, dixo o secretario xeral a nivel estatal da asociación.
Manuel Mato explicou onte que, baixo o nome de “puntos de
identificación”, páranse a coches “sen motivos e indiscriminadamente”.
Tamén lembrou que os controis teñen que estar “autorizados polo poder
político. “Non podemos someter á poboación civil a un Estado policial”,
dixo o responsable da UGC. Dende a organización tamén acusan a algúns
mandos de “botar en falta os tempos de antes do ano 75”. Mato referíase
a que altos cargos do Instituto Armado “levar un condutor”, cando “por
lei non teñen dereito”. “Iso implica un axente menos traballando na
rúa”, dixo o secretario xeral da UGC.
Ademais de “pasear mandos”, a asociación tamén criticou que “a maior
parte dos recursos” da unidade de Tráfico de Santiago se adica a “levar
a políticos” en vez de “dedicarse á seguridade viaria”.
Eleccións ao consello
O responsable do colectivo fixo esta denuncia onte durante a
presentación das súas candidaturas ás eleccións ao Consello da Garda
Civil. Aínda que din que este proceso faise “grazas a leis lixo que non
merecen” piden a participación dos axentes do corpo para “melloralo”
dende dentro.
Manuel Mato asegurou que nestes comicios –que se celebran o 22 de
xaneiro– “a UGC por primeira vez vai ter representación trala dictadura
da Asociación Unificada de Gardas Civís (AUGC)”. Este colectivo foi
obxecto das críticas da Unión, xa que consideran que é unha
organización que “aplaude” as decisións do Ministerio de Interior. Pola
contra, Mato erixiu á UGC como a “asociación rebelde”.
Con máis de 7.000 afiliados en España –800 deles en Galicia – demandan
máis orzamentos e infraestruturas para o Instituto Armado. Ademais,
solicitan a reagrupación de cuarteis pequenos e “un 40 por cento máis”
de axentes para os cadros de persoal.
Xornal.
|
|
| |
|
Votos del Artículo
|
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
|
|
|
|  |
|
NOVA DA XORNADA
|
| Hoy aún no hay una Gran Historia. |
|
 |
|
NOTICIAS ANTIGAS
|
| Martes, 01 septiembre | | · | Uno de cada tres muertos en las carreteras fue en vías secundarias |
| · | Presidencia admite que faltan 40 jueces en toda Galicia |
| Viernes, 24 julio | | · | La Guardia Civil se incauta en Lugo de un alijo de heroína |
| Martes, 19 mayo | | · | Radicales gallegos que apoyan a presos etarras resucitan con el PP |
| · | Comprar automóvil en Galicia será hasta 3.000 euros más barato |
| Lunes, 18 mayo | | · | La Guardia Civil se niega a conceder el mando de una comandancia a un hijo del p |
| Viernes, 27 febrero | | · | GCs recogen firmas contra expedientes por manifestarse junto a policías |
| · | Más de 6.000 agentes velarán por seguridad en elecciones |
| Jueves, 19 febrero | | · | 10 ERRORES FATALES QUE HAN MATADO POLICIAS EXPERTOS |
| Martes, 17 febrero | | · | O PSOE quere que sexa obrigatorio circular coas luces de cruzamento |
| Domingo, 15 febrero | | · | Unión de Guardias civiles denuncia falta de medios para luchar contra bandas. |
| Sábado, 14 febrero | | · | Agentes piden a Rubalcaba en el primer Consejo que retire los expedientes |
| · | Tivo lugar ás tres da madrugada. Conducía sen carné e tiña antecedentes. |
| · | Silva Sande condenado a 60 anos por matar a dous gardas civís en 1989 |
| Domingo, 25 enero | | · | El sargento de Burela fallecido en el temporal será enterrado este domingo |
| Martes, 20 enero | | · | Un guardia civil de tráfico de A Coruña se presenta a las elecciones al consejo |
| Lunes, 19 enero | | · | Gardas civís avisan de controis “masivos e ilegais” |
| · | VOZ DE GALICIA-VIGO---UGC: afirma que en los cuarteles «todavía huele a rancio» |
| · | Denuncian que los guardias civiles se dediquen a «pasear aos políticos» |
| · | Unión de Guardias Civiles pide a agentes votar en elecciones internas al Consejo |
Artículos Viejos
|
|
|